Antonio Rodríguez Miranda prestou este 25 de setembro o seu xuramento ao fronte da Secretaría Xeral de Emigración, nun acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo na sede do goberno autonómico en San Caetano.
Rodríguez Miranda, quen ocupa este cargo desde 2012, foi eloxiado polo presidente Feijóo ao considerar a súa continuidade ao fronte de Emigración “non só porque o goberno da Xunta así o considerara senón porque tódolos centros e asociacións galegas no exterior así o trasladaron”.
No seu primeiro acto neste novo período ao fronte da Secretaría Xeral de Emigración, Rodríguez Miranda realizou unha rolda de contactos telemática cos galegos no exterior e cos membros da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas que representan a España e ao resto de Europa. Neste sentido, convidounos a ser “protagonistas indiscutibles nesta nova etapa”.
Nunha videoconferencia, o responsable de Emigración da Xunta de Galicia realizou unha toma de contacto cos galegos residentes en Suíza e Portugal, así como repasou a actualidade sanitaria propia del COVID 19.