Máis dun millar de galegos da diáspora participaron no VI Día da Galicia Exterior
Santiago de Compostela | A Secretaría Xeral de Emigración destaca o éxito de participación no VI Día da Galicia Exterior que se celebrou este pasado sábado día 9 no centro histórico de Santiago de Compostela e que tivo como obxectivo compartir coa cidadanía galega o traballo realizado desde as entidades do exterior para promocionar e coidar a cultura e as tradicións de Galicia.
Máis de 1.000 galegas e galegos chegados desde diferentes países do mundo, o 80% deles menores de 30 anos, celebraron así o Ano Santo Xacobeo cun día no que os instrumentos, os bailes e os traxes tradicionais galegos encheron rúas e prazas da capital autonómica.
A xornada de confraternidade comezou cun encontro na praza do Obradoiro co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e continuou c...