Etiqueta: Venezuela

Miranda visita Venezuela para constatar las ayudas de la Xunta de Galicia
Novas da emigración, Venezuela

Miranda visita Venezuela para constatar las ayudas de la Xunta de Galicia

Venezuela | El secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, se reunió con los y las representantes de los centros gallegos en Venezuela para analizar la difícil situación que sigue atravesando el país caribeño y que afecta a la comunidad gallega residente en el país. Durante el encuentro, Miranda también destacó los acuerdos firmados el pasado año con diferentes centros gallegos de Venezuela, por un valor de 400.000 euros, destinados a atender sus necesidades de carácter social, mejorar las instalaciones, fomentar la cultura o apoyar los programas de la Secretaría. Durante la reunión de trabajo, se trataron diversos temas de interés, incluyendo la distribución de ayudas de emergencia social y económicas individuales, destinadas a apoyar la significativa colectividad...
Morreu o afamado narrador galego-venezolano Lázaro “Papaíto” Candal
Diáspora, Venezuela

Morreu o afamado narrador galego-venezolano Lázaro “Papaíto” Candal

Venezuela | O popular narrador, comentarista e xornalista Lázaro "Papaíto" Candal faleceu este 23 de agosto aos 91 anos de idade na cidade da Coruña. Así o informou vía Instagram o seu fillo, o tamén xornalista e narrador Álex Candal. Nas súas redes sociais, o R.C. Deportivo da Coruña quixo tamén expresar o seu pesar polo falecemento "dun coruñés de sangue e dun 'deportivista' de corazón". Nado en 1931 na cidade herculina, Candal comezou en 1953 en La Voz de Galicia unha prolífica traxectoria xornalística que levouno a ser un dos personaxes máis populares na súa segunda patria, Venezuela, país ao que emigrou en 1960. Alí foi correspondente de La Voz de Galicia e do diario Marca e redactor do xornal Últimas Noticias. Pero foi na TV venezolana onde deixou pegada o xornalista coruñé...
Xuntanza Amigos Galicia-Venezuela no Carballiño
Novas da emigración

Xuntanza Amigos Galicia-Venezuela no Carballiño

O pasado 18 de xuño realizouse en O Carballiño (Ourense) a Xuntanza Amigos Venezuela-Galicia, organizada por membros da Hermandad Gallega de Venezuela (HGV) e que contou coa participación do Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Ao evento asistiron máis de 250 persoas, a gran maioría emigrantes galegos en Venezuela que retornaron nos últimos anos a Nosa Terra. O evento serviu para manter vivo o contacto entre a diáspora galego-venezolana e as institucións autonómicas galegas. Tamén estiveron presentes membros da Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) así como ex presidentes e directivos da HGV.
Noemí Cendón Tizón, primeira muller na historia en presidir a Hermandad Gallega de Venezuela
Emigración de alá e de acó, Venezuela

Noemí Cendón Tizón, primeira muller na historia en presidir a Hermandad Gallega de Venezuela

Caracas | Noemí Cendón Tizón foi elixida presidenta da Hermandad Gallega de Venezuela (HGV) nas eleccións celebradas co 70% dos votos dos socios o pasado 24 de abril. Noemí Cendón encabezaba a lista do Grupo Unión, agrupación política que xa leva uns 25 anos dirixindo o destino da entidade. Os votos emitidos para elixir o Consello Directivo foron 963, e os válidos foron 959 (99,59%), mentres que os votos nulos foron 4 (0,41%). O resultado na votación ao consello directivo foi para o Grupo Unión, 675 votos (70,38%); a Agrupación Galaica, que postulou a Miguel Ferreira Ruanova, conseguiu 190 apoios (19,81%) e Alejandro Casal Barreiro, que encabezaba o nacente Xuntos, obtivo 94 papeletas (9,80%). En canto aos resultados para os órganos electivos, a Agrupación Galaica obtivo 212 voto...
Dous emigrantes retornados de Alemaña e Venezuela desenvolven proxectos laborais en Cualedro (Ourense)
Novas da emigración

Dous emigrantes retornados de Alemaña e Venezuela desenvolven proxectos laborais en Cualedro (Ourense)

Cualedro |  Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración, desprazouse ata o concello de Cualedro para coñecer o proxecto empresarial de dous emigrantes galegos retornados, un de Alemaña e outro de Venezuela, que puxeron en marcha unha empresa de venda ambulante de embutidos e outra de traballos de albanelería neste concello do rural ourensán. Na visita, Rodríguez Miranda estivo acompañado do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, así como do alcalde da localidade, Luciano Rivero. María Casas Justo retornou de Alemaña en 2018 e puxo en marcha unha empresa de venda ambulante de embutidos así como un bar no casco urbano de Cualedro. Para a posta en marcha do primeiro dos negocios contou cunha axuda da Secretaría Xeral da Emigración de 8.000 euros, a través da liña ...
“Na Irmandade Galega de Venezuela ensinamos a amar a Galicia a través das nosas tradicións”
As Casas de Galicia no mundo

“Na Irmandade Galega de Venezuela ensinamos a amar a Galicia a través das nosas tradicións”

O pasado 12 de outubro de 2020, a Hermandad Gallega de Venezuela (HGV) arribou ao seu 60º aniversario. A súa historia é o mellor aval que expresa como esta institución manten unha enorme pegada a nivel asociativo, cultural, económico e deportivo non só dentro da sociedade venezolana senón tamén para a Galicia Exterior. O seu actual presidente, José Antonio Alejandro, respondeu dende Caracas (Venezuela) ao noso medio "Lonxe da Terriña", como foi esta traxectoria histórica e o momento actual da HGV. A Irmandade Galega de Venezuela cumpríu 60 anos o pasado 12 de outubro de 2020. Como actual presidente da entidade e coa perspectiva de dirixir unha institución con seis décadas ininterrompidas de presenza, que balance pode realizar sobre a prolongada traxectoria da Irmandade Galega de Venezue...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!