Rogelio Estévez Cambra, fillo de Salvaterra, galego de pro na Arxentina
(Texto de Antón Lorenzo, "Xaque")
Fai uns días, mercando na carnicería de Fita Carrera, Salvaterra, cadrei con dous veciños de Fornelos da Riveira, (a nai de Fita tamén é desa parroquia). Comezamos falando da apenas iniciada e nunca acabada ponte entre esa parroquia e a pontareá Nogueira, acabamos falando de Don Rogelio Estévez Cambra, egrexio fillo desa feligresía. O caso é que ninguén dos presentes coñecía ese persoeiro, e iso animoume a facer este pequeno traballo.
A emigración á Arxentina
En primeiro lugar, sen dúbida, hai que acudir a impagable obra de Alberto Vilanova Rodríguez, “Los Gallegos en la Argentina”, tomo 2, páxinas 1.151, 1.152 e 1.153, ediciones Galicia, prologado por Don Claudio Sánchez Albornoz y Menduiña. Desta obra entresaco os datos máis salientables da vida d...