AECT Rio Minho asina a “Declaración de Montevideo”
Montevideo | O AECT Rio Minho vén de asinar en Uruguai a ‘Declaración de Montevideo’, o documento de formalización da Rede de Concas Hidrográficas Transfronteirizas Euro-Latinoamericanas, unha entidade internacional que pretende facilitar o intercambio de coñecementos e favorecer a cooperación, a partilla de experiencias e de coñecementos en materias de recursos hídricos, sustentabilidade ambiental e riscos vencellados ao cambio climático, entre outros.
O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Uxío Benítez, foi ‘testificante’ da sinatura da Declaración de Montevideo ‘en liña’ xunto á Xabier Macías, desprazado ata Paysandú durante toda a pasada semana.
Para o mandatario nacionalista é fundamental o posicionamento do agrupamento miñoto nunha rede destas caracte...