Etiqueta: Outros países

Xunta de Galicia impulsa a reactivación do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana
Novas da emigración, Outros países

Xunta de Galicia impulsa a reactivación do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana

Santiago de Compostela | O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu aos representantes do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana, Eduardo Pahíno e Leandro Tales, que lle trasladaron o obxectivo desta entidade de reactivar os seus proxectos futuros, poñendo en marcha novas iniciativas e actividades. Durante a reunión, Miranda trasladoulles o seu compromiso de visitar este centro despois do verán e apoialo na súa potenciación como entidade para conseguir unha atención máis intensa ás galegas e galegos asentados nesta illa do Caribe e promocionar a cultura de Galicia. Na República Dominicana residen actualmente 2.766 cidadás e cidadáns galegos.
Bruxelas acolleu a primeira edición do festival EmigraSon
A nova emigración, Outros países

Bruxelas acolleu a primeira edición do festival EmigraSon

Bruxelas | O festival EmigraSon nace co propósito de “colaborar coa difusión da galeguidade tamén en Bruxelas”, tal e como sinala o eurodeputado socialista Nicolás González Casares, impulsor desta iniciativa xunto á eurodeputada Ana Miranda (BNG) e a asociación belga Couto Mixto, que reúne a boa parte do colectivo emigrante galego e leva anos comprometida coa difusión da cultura da nosa terra. Nesta fin de semana, o festival EmigraSon colocará os piares deste novo espazo de intercambio cultural para a comunidade galega afincada en Bruxelas. As actividades arrancarán o venres da man dos lalinenses Benxamín Otero Otero e Celso Fernández Sanmartín. O Instituto Cervantes acollerá o seu espectáculo de oralidade e música, No tempo dun café, ás 17:00 horas. A participación dezá nest...
Encontro cos cañicenses e galegos en Lisboa
A nova emigración

Encontro cos cañicenses e galegos en Lisboa

Lisboa | Este 14 de xullo, na Casa da Xuventude de Lisboa  déronse cita máis dun centenar de cañicenses, veciños e amigos, residentes na cidade lisboeta que se achegaron ata o Centro Galego para departir sobre A Cañiza co Alcalde Luis Piña e cos concelleiros  do Equipo de Goberno  Mª José Rodríguez González, Paula Bacelar Domínguez e Miguel Anxo Gómez Antón. Primeira visita dun alcalde cañicense Esta é a primeira vez cun Alcalde  da Cañiza exerce como "embaixador" fora das nosas fronteiras con cañicenses residentes no exterior e coas súas familias, elexindo como punto de partida desta experiencia Lisboa, por ser a cidade que máis galegos e cañicenses acolleu en toda a historia da emigración europea.  Un dato constrastado polo Presidente do Centro Galego, Jesús Luis Bescos, quen agradec...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!