Etiqueta: Novas da emigración

Estudantes do instituto Santiago Apóstol de Bos Aires visitan a Deputación da Coruña
Novas da emigración

Estudantes do instituto Santiago Apóstol de Bos Aires visitan a Deputación da Coruña

A Coruña | O deputado Blas García, recibiu esta mañá na sede da Deputación a unha delegación de alumnos do instituto arxentino-galego Santiago Apóstol, da cidade de Bos Aires. Os escolares, que cursan o último ano de Secundaria, realizan estes días a súa viaxe de fin de estudos. Durante os quince días de estancia, os mozos e mozas, entre 17 e 18 anos, terán a oportunidade de descubrir múltiples lugares da xeografía coruñesa e galega. Blas García deu a benvida aos estudantes, aos que explicou o funcionamento da Deputación, e destacou a importante contribución do centro escolar á promoción da cultura e a lingua galega na capital arxentina, xa que os centos de alumnos de diversas nacionalidades que se forman no colexio teñen entre as súas materias escolares a lingua e a historia de ...
A Xunta destina 12.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo (Brasil)
Novas da emigración

A Xunta destina 12.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo (Brasil)

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, encabezada por Antonio Rodríguez Miranda, destinou, a través dun convenio de colaboración, un total de 12.000 euros para a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo (Brasil). A colaboración ten como finalidade de acadar axuda para a atención das necesidades básicas da/os emigrantes galegos residentes nesa cidade brasileira e que están acollidos no seu centro de día. Esta é unha entidade sen ánimo de lucro que posúe desde 1983, un centro de asistencia social que ten como finalidade promover o apoio socio asistencial e de acollida para persoas maiores e dependentes a través da súa atención integral con carácter de servizos preventivos, de saúde e asistenciais. A Secretaría Xeral da Emigración considera a necesidade...
Xuntanza Amigos Galicia-Venezuela no Carballiño
Novas da emigración

Xuntanza Amigos Galicia-Venezuela no Carballiño

O pasado 18 de xuño realizouse en O Carballiño (Ourense) a Xuntanza Amigos Venezuela-Galicia, organizada por membros da Hermandad Gallega de Venezuela (HGV) e que contou coa participación do Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Ao evento asistiron máis de 250 persoas, a gran maioría emigrantes galegos en Venezuela que retornaron nos últimos anos a Nosa Terra. O evento serviu para manter vivo o contacto entre a diáspora galego-venezolana e as institucións autonómicas galegas. Tamén estiveron presentes membros da Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) así como ex presidentes e directivos da HGV.
Formoso mantén encontro telemático coa diáspora galega
Novas da emigración

Formoso mantén encontro telemático coa diáspora galega

Santiago de Compostela/PSdeG-PSOE | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou hoxe que “Castelao estaría orgulloso” da supresión do voto rogado para facilitarlle o voto aos emigrantes galegos. Así o dixo nun encontro por videoconferencia con representantes da emigración galega que mantivo hoxe dende Santiago. O responsable socialista salientou o acordo do pasado xoves para iniciar o trámite parlamentario de reforma da Lei de Réxime Electoral Xeral, que está previsto rematar en setembro, co que “devolvemos a posibilidade democrática de exercer un dereito que nunca se debera ter retirado”. Reivindicou o dereito ao voto para estes “galegos e galegas emigrados nos distintos países representan o mellor de Galicia e axudan a construír país”. Trasladou hoxe o “orgu...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!