O proxecto “Historias de ida e volta” documenta a emigración de mariñeiros aresáns a Cuba
Santiago de Compostela | A entrega de novembro do especial "Historias de ida e volta", un proxecto web realizado polo Arquivo de Emigración do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, documenta, nesta ocasión, a emigración de mariñeiros aresáns a Cuba.
Desde mediados do século XXI, pescadores e mariñeiros da ría de Ares asentáronse en Cuba, onde traballaron na frota pesqueira, no transporte de mercadorías e pasaxeiros, nos estaleiros ou en empresas subsidiarias do naval. Neste tempo, conseguiron dominar o sector da pesca na baía da Habana e mesmo no Golfo de México pero tamén outras actividades relacionadas co comercio, a hostalaría ou a explotación do carbón.
As cadeas migratorias foron o principal factor que posibilitou a ...