“Na Irmandade Galega de Venezuela ensinamos a amar a Galicia a través das nosas tradicións”
O pasado 12 de outubro de 2020, a Hermandad Gallega de Venezuela (HGV) arribou ao seu 60º aniversario. A súa historia é o mellor aval que expresa como esta institución manten unha enorme pegada a nivel asociativo, cultural, económico e deportivo non só dentro da sociedade venezolana senón tamén para a Galicia Exterior. O seu actual presidente, José Antonio Alejandro, respondeu dende Caracas (Venezuela) ao noso medio "Lonxe da Terriña", como foi esta traxectoria histórica e o momento actual da HGV.
A Irmandade Galega de Venezuela cumpríu 60 anos o pasado 12 de outubro de 2020. Como actual presidente da entidade e coa perspectiva de dirixir unha institución con seis décadas ininterrompidas de presenza, que balance pode realizar sobre a prolongada traxectoria da Irmandade Galega de Venezue...