Estudantes do instituto Santiago Apóstol de Bos Aires visitan a Deputación da Coruña
A Coruña | O deputado Blas García, recibiu esta mañá na sede da Deputación a unha delegación de alumnos do instituto arxentino-galego Santiago Apóstol, da cidade de Bos Aires.
Os escolares, que cursan o último ano de Secundaria, realizan estes días a súa viaxe de fin de estudos. Durante os quince días de estancia, os mozos e mozas, entre 17 e 18 anos, terán a oportunidade de descubrir múltiples lugares da xeografía coruñesa e galega.
Blas García deu a benvida aos estudantes, aos que explicou o funcionamento da Deputación, e destacou a importante contribución do centro escolar á promoción da cultura e a lingua galega na capital arxentina, xa que os centos de alumnos de diversas nacionalidades que se forman no colexio teñen entre as súas materias escolares a lingua e a historia de ...