A inmigración galega en Uruguai (1870-1936)
“A inmigración que aos poucos, pero sempre en escala ascendente
chega ás nosas praias trae un caudal incalculable de intelixencia,
de forza e de capital que produce,
de persoas que consomen, de habitantes que contribúen
e de intereses que sosteñen estable a orde e a paz”(1)
A letra da primeira Constitución uruguaia, datada en 1830, xa reflectía a realidade do feito migratorio, fenómeno que de aí en diante marcará a evolución dunha sociedade á que se pode cualificar de aluvial ata a década dos cincuenta do século XX (Cagiao Vila, 1990a; Ramírez Goicoechea, 2003).
Naquel temperán momento e durante os anos subseguintes, arribaban xa ao porto de Montevideo algúns continxentes destacables de franceses, italianos e españois. A esta inmigración espontánea dificilmente cuantificable e care...