Morreu o afamado narrador galego-venezolano Lázaro “Papaíto” Candal
Venezuela | O popular narrador, comentarista e xornalista Lázaro "Papaíto" Candal faleceu este 23 de agosto aos 91 anos de idade na cidade da Coruña. Así o informou vía Instagram o seu fillo, o tamén xornalista e narrador Álex Candal. Nas súas redes sociais, o R.C. Deportivo da Coruña quixo tamén expresar o seu pesar polo falecemento "dun coruñés de sangue e dun 'deportivista' de corazón".
Nado en 1931 na cidade herculina, Candal comezou en 1953 en La Voz de Galicia unha prolífica traxectoria xornalística que levouno a ser un dos personaxes máis populares na súa segunda patria, Venezuela, país ao que emigrou en 1960. Alí foi correspondente de La Voz de Galicia e do diario Marca e redactor do xornal Últimas Noticias.
Pero foi na TV venezolana onde deixou pegada o xornalista coruñé...