PSdeG-PSOE: “a supresión do voto rogado é un exercicio pleno do voto dos emigrantes”
España | O senador galego César Mogo celebrou a aprobación definitiva, hoxe na Cámara Alta, da reforma electoral presentada conxuntamente polo PSOE e Unidas Podemos.
Mogo interveu no debate final do trámite lexislativo, no que sinalou que a reforma da Loreg “restitúe a plenitude dun dereito que, non deliberadamente, fora cercenado en 2011”.
A reforma de hoxe suprime o voto rogado e “facilita a participación, ampliando os prazos para remitir documentación e o escrutinio e máis centros de votación directa”. Ademais, explicou, “gaña en seguridade para evitar a fraude”, xa que os sufraxios serán enviados por valixa diplomática e con identificación persoal do elector no voto por correo.
Seguridade xurídica
Sinala que esta reforma “corrixe unha inxustiza” coa anterior reforma, pens...