Ana Miranda reúnese coa diáspora galega en Arxentina e Uruguai
Uruguai | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, visita Bos Aires e Montevideo nunhas xornadas de traballo que inclúen encontros coas colectividades galegas, co obxectivo de abordar a súa situación actual, así como a falta de relevo nos centros galegos. “Quero coñecer de primeira man os problemas que preocupan á colectividade galega, como vén facendo o Bloque desde hai anos”, apuntou Miranda.
“Quero coñecer de primeira man os problemas que preocupan á colectividade galega, como vén facendo o Bloque desde hai anos”
Así, a coordinadora de Relacións Internacionais do BNG reuniuse xa co presidente en funcións do Centro Galego de Bos Aires, Ramón Suárez, e visitou tanto o Colexio Santiago Apóstol como o Centro de Asociacións Galegas de Arxentina. “Cómpre que teñamos a sensibilidade suficiente pa...