Etiqueta: Curitiba

Visita da presidenta da Casa de Galicia de Curitiba (Brasil)
As Casas de Galicia no mundo, Brasil

Visita da presidenta da Casa de Galicia de Curitiba (Brasil)

Brasil | Antonio Rodríguez Miranda recibiu na Secretaría Xeral de Emigración a Maribel Mariño González, actual presidenta da Casa de Galicia do Centro Español do Paraná. Entre outros asuntos, Miranda e Mariño conversaron sobre as actividades que esta entidade galega localizada na cidade de Curitiba (Brasil) levou a cabo o último ano, destacando a súa aposta por manter a tradición e cultura galegas co Grupo Folclórico "Aires Galegos", que conta con máis de 30 integrantes e foi fundado nos anos 60. Por último, o secretario xeral aproveitou este encontro para comprometerse con Maribel Mariño en visitar este centro galego na próxima viaxe que realice ao país brasileiro.

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!