Etiqueta: Cuba

Cónsul de Cuba visita o Concello de Baiona
Cuba, Galicia no mundo

Cónsul de Cuba visita o Concello de Baiona

Cuba | O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu esta semana ao cónsul xeral de Cuba para Galicia, Asturias e Cantabria, Dona Ingrid Izquierdo Sterling. Foi o primeiro contacto entre a Cónsul e o alcalde baionés. Os temas para tratar nesta visita son os ligados ao irmandamento que desde hai 22 anos temos con Rafael Freyre, na provincia de Holguín, de Cuba. Os representantes consulares de Cuba sempre estiveron presentes en todos os actos ligados ao mundo iberoamericano, en especial o 12 de outubro e A Arribada da Carabela a Pinta. Na reunión falouse de potenciar os lazos entre os dous pobos, especialmente nos ámbitos cultural e social, cunha aposta clara por parte da Cónsul para incrementar a súa presenza na Arribada. “Baiona leva moitos anos sendo a ponte entr...
O proxecto “Historias de ida e volta” documenta a emigración de mariñeiros aresáns a Cuba
Cuba, Diáspora

O proxecto “Historias de ida e volta” documenta a emigración de mariñeiros aresáns a Cuba

Santiago de Compostela | A entrega de novembro do especial "Historias de ida e volta", un proxecto web realizado polo Arquivo de Emigración do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, documenta, nesta ocasión, a emigración de mariñeiros aresáns a Cuba. Desde mediados do século XXI, pescadores e mariñeiros da ría de Ares asentáronse en Cuba, onde traballaron na frota pesqueira, no transporte de mercadorías e pasaxeiros, nos estaleiros ou en empresas subsidiarias do naval. Neste tempo, conseguiron dominar o sector da pesca na baía da Habana e mesmo no Golfo de México pero tamén outras actividades relacionadas co comercio, a hostalaría ou a explotación do carbón. As cadeas migratorias foron o principal factor que posibilitou a ...
Isidoro Araujo de Lira, empresario e xornalista galego en Cuba
Galegos que fixeron historia

Isidoro Araujo de Lira, empresario e xornalista galego en Cuba

Isidoro Araujo de Lira (Bouzas, 2 de xaneiro de 1816 - A Habana, 7 de maio de 1861) foi un xornalista, escritor e empresario español. Nacido na localidade galega de Bouzas o 2 de xaneiro de 1816. Estudou Humanidades en Tui e Filosofía no mosteiro benedictino de Samos. En 1835, cando se produciu unha das primeiras desamortizacións do período isabelino e a exclaustración dos conventos con menos de doce relixiosos, trasladouse a Madrid, onde comezou a traballar na Secretaría de Estado e do Despacho da Gobernación (hoxe Ministerio do Interior). Pouco despois foi destinado ao goberno civil en Salamanca, onde permaneceu ata que en 1839 emigrou a Cuba e estableceuse como profesor na Habana. Alí comezou a escribir. A súa primeira obra foi unha novela por entregas, Ana Mir, que se publ...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!