A comunidade pontevedresa en Salvador de Bahía (Brasil) presentou o libro “O inverno ausente” de Fernando M. Vilanova
Pontevedra | O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu no Museo de Pontevedra á presentación do libro "O inverno ausente" do escritor Fernando Martínez Vilanova.
Trátase da recreación dunha historia real de tres personaxes dos concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes, que toman a decisión de refacer a súa vida a mediados do século XX en Salvador de Bahía, Brasil. Na presentación estivo tamén presente o escritor Manuel Lourenzo así como o director do Museo de Pontevedra José Manuel Rey García.
Neste senso Antonio Rodríguez Miranda recordou a importancia económica e social que a comunidade galega, e en especial a pontevedresa, segue a ter na actualidade neste estado de Brasil, un país que conta con algo máis de 49.500 galegos, dos cales o ...