Bruxelas acolleu a primeira edición do festival EmigraSon
Bruxelas | O festival EmigraSon nace co propósito de “colaborar coa difusión da galeguidade tamén en Bruxelas”, tal e como sinala o eurodeputado socialista Nicolás González Casares, impulsor desta iniciativa xunto á eurodeputada Ana Miranda (BNG) e a asociación belga Couto Mixto, que reúne a boa parte do colectivo emigrante galego e leva anos comprometida coa difusión da cultura da nosa terra.
Nesta fin de semana, o festival EmigraSon colocará os piares deste novo espazo de intercambio cultural para a comunidade galega afincada en Bruxelas. As actividades arrancarán o venres da man dos lalinenses Benxamín Otero Otero e Celso Fernández Sanmartín.
O Instituto Cervantes acollerá o seu espectáculo de oralidade e música, No tempo dun café, ás 17:00 horas. A participación dezá nest...