“O Covid-19 tamén está a provocar moitos cambios nos centros galegos en todo o mundo”
Antonio Rodríguez Miranda (Allariz, provincia de Ourense, 1967) é Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia desde 2016. Con anterioridade foi deputado ante o Parlamento de Galicia e voceiro da bancada parlamentaria do Partido Popular de Galicia (PPdG). Rodríguez Miranda atende a nosa petición de entrevistalo para "Lonxe da Terriña" para falar da acción exterior da Xunta de Galicia coa súa diáspora e dos momentos que está atravesando a nosa emigración en tempos de pandemia e crise socioeconómica.
En setembro de 2020 iniciou unha nova etapa ó fronte da Secretaría Xeral de Emigración. Cales son os retos e prioridades para este novo período de goberno 2020-2024?
Certamente é unha gran honra volver traballar polos nosos galegos no exterior e máis se cabe nesta época, na que temos...