Encontro cos cañicenses e galegos en Lisboa
Lisboa | Este 14 de xullo, na Casa da Xuventude de Lisboa déronse cita máis dun centenar de cañicenses, veciños e amigos, residentes na cidade lisboeta que se achegaron ata o Centro Galego para departir sobre A Cañiza co Alcalde Luis Piña e cos concelleiros do Equipo de Goberno Mª José Rodríguez González, Paula Bacelar Domínguez e Miguel Anxo Gómez Antón.
Primeira visita dun alcalde cañicense
Esta é a primeira vez cun Alcalde da Cañiza exerce como "embaixador" fora das nosas fronteiras con cañicenses residentes no exterior e coas súas familias, elexindo como punto de partida desta experiencia Lisboa, por ser a cidade que máis galegos e cañicenses acolleu en toda a historia da emigración europea. Un dato constrastado polo Presidente do Centro Galego, Jesús Luis Bescos, quen agradec...