Uruguai | A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, recibiu ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, e ao presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touza.
Con esta xuntanza reafirmouse o compromiso de Galicia coa promoción dos seus intereses no exterior e co fortalecemento das relacións co Uruguai.
Este encontro serve como plataforma para avanzar en diferentes iniciativas conxuntas, cun enfoque especial no desenvolvemento de proxectos que promovan a cooperación no ámbito da pesca, a sustentabilidade e o intercambio comercial.
A delegada da Xunta subliñou o compromiso da Xunta de Galicia en apoiar ás empresas galegas no seu proceso de internacionalización e na procura de novos mercados.