Novas da emigración

Dous emigrantes retornados de Alemaña e Venezuela desenvolven proxectos laborais en Cualedro (Ourense)
Novas da emigración

Dous emigrantes retornados de Alemaña e Venezuela desenvolven proxectos laborais en Cualedro (Ourense)

Cualedro |  Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración, desprazouse ata o concello de Cualedro para coñecer o proxecto empresarial de dous emigrantes galegos retornados, un de Alemaña e outro de Venezuela, que puxeron en marcha unha empresa de venda ambulante de embutidos e outra de traballos de albanelería neste concello do rural ourensán. Na visita, Rodríguez Miranda estivo acompañado do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, así como do alcalde da localidade, Luciano Rivero. María Casas Justo retornou de Alemaña en 2018 e puxo en marcha unha empresa de venda ambulante de embutidos así como un bar no casco urbano de Cualedro. Para a posta en marcha do primeiro dos negocios contou cunha axuda da Secretaría Xeral da Emigración de 8.000 euros, a través da liña ...
“O Covid-19 tamén está a provocar moitos cambios nos centros galegos en todo o mundo”
Novas da emigración

“O Covid-19 tamén está a provocar moitos cambios nos centros galegos en todo o mundo”

Antonio Rodríguez Miranda (Allariz, provincia de Ourense, 1967) é Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galicia desde 2016. Con anterioridade foi deputado ante o Parlamento de Galicia e voceiro da bancada parlamentaria do Partido Popular de Galicia (PPdG). Rodríguez Miranda atende a nosa petición de entrevistalo para "Lonxe da Terriña" para falar da acción exterior da Xunta de Galicia coa súa diáspora e dos momentos que está atravesando a nosa emigración en tempos de pandemia e crise socioeconómica. En setembro de 2020 iniciou unha nova etapa ó fronte da Secretaría Xeral de Emigración. Cales son os retos e prioridades para este novo período de goberno 2020-2024? Certamente é unha gran honra volver traballar polos nosos galegos no exterior e máis se cabe nesta época, na que temos...
Repertorio da prensa da emigración galega
Novas da emigración

Repertorio da prensa da emigración galega

Seguindo a liña de difusión do patrimonio documental producido pola colectividade galega do exterior, o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega presenta a versión actualizada do Repertorio da prensa galega da emigración, editado en 1998 e froito dun proxecto de investigación dirixido por Vicente Peña Saavedra. As persoas interesadas poden atopar aquí unha extensa relación das publicacións galegas editadas —tanto polas asociacións de emigrantes como por persoeiros destacados da colectividade galega—, que están relacionadas co feito migratorio. Compílanse 756 referencias hemerográficas correspondentes a publicacións que presentan unha variada tipoloxía: boletíns, xornais de información xeral, revistas culturais, revistas e voceiros internos das asociacións de emigrantes, p...
Un novo período para Rodríguez Miranda ao fronte da Secretaría Xeral de Emigración
Novas da emigración

Un novo período para Rodríguez Miranda ao fronte da Secretaría Xeral de Emigración

  Antonio Rodríguez Miranda prestou este 25 de setembro o seu xuramento ao fronte da Secretaría Xeral de Emigración, nun acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo na sede do goberno autonómico en San Caetano. Rodríguez Miranda, quen ocupa este cargo desde 2012, foi eloxiado polo presidente Feijóo ao considerar a súa continuidade ao fronte de Emigración "non só porque o goberno da Xunta así o considerara senón porque tódolos centros e asociacións galegas no exterior así o trasladaron". No seu primeiro acto neste novo período ao fronte da Secretaría Xeral de Emigración, Rodríguez Miranda realizou unha rolda de contactos telemática cos galegos no exterior e cos membros da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas que representan a E...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!