Galicia no mundo

Noemí Cendón Tizón, primeira muller na historia en presidir a Hermandad Gallega de Venezuela
Emigración de alá e de acó, Venezuela

Noemí Cendón Tizón, primeira muller na historia en presidir a Hermandad Gallega de Venezuela

Caracas | Noemí Cendón Tizón foi elixida presidenta da Hermandad Gallega de Venezuela (HGV) nas eleccións celebradas co 70% dos votos dos socios o pasado 24 de abril. Noemí Cendón encabezaba a lista do Grupo Unión, agrupación política que xa leva uns 25 anos dirixindo o destino da entidade. Os votos emitidos para elixir o Consello Directivo foron 963, e os válidos foron 959 (99,59%), mentres que os votos nulos foron 4 (0,41%). O resultado na votación ao consello directivo foi para o Grupo Unión, 675 votos (70,38%); a Agrupación Galaica, que postulou a Miguel Ferreira Ruanova, conseguiu 190 apoios (19,81%) e Alejandro Casal Barreiro, que encabezaba o nacente Xuntos, obtivo 94 papeletas (9,80%). En canto aos resultados para os órganos electivos, a Agrupación Galaica obtivo 212 voto...
A inmigración galega en Uruguai (1870-1936)
Emigración de alá e de acó, Uruguai

A inmigración galega en Uruguai (1870-1936)

“A inmigración que aos poucos, pero sempre en escala ascendente chega ás nosas praias trae un caudal incalculable de intelixencia, de forza e de capital que produce, de persoas que consomen, de habitantes que contribúen e de intereses que sosteñen estable a orde e a paz”(1) A letra da primeira Constitución uruguaia, datada en 1830, xa reflectía a realidade do feito migratorio, fenómeno que de aí en diante marcará a evolución dunha sociedade á que se pode cualificar de aluvial ata a década dos cincuenta do século XX (Cagiao Vila, 1990a; Ramírez Goicoechea, 2003). Naquel temperán momento e durante os anos subseguintes, arribaban xa ao porto de Montevideo algúns continxentes destacables de franceses, italianos e españois. A esta inmigración espontánea dificilmente cuantificable e care...
A comunidade pontevedresa en Salvador de Bahía (Brasil) presentou o libro “O inverno ausente” de Fernando M. Vilanova
Brasil, Emigración de alá e de acó

A comunidade pontevedresa en Salvador de Bahía (Brasil) presentou o libro “O inverno ausente” de Fernando M. Vilanova

Pontevedra | O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu no Museo de Pontevedra á presentación do libro "O inverno ausente" do escritor Fernando Martínez Vilanova. Trátase da recreación dunha historia real de tres personaxes dos concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes, que toman a decisión de refacer a súa vida a mediados do século XX en Salvador de Bahía, Brasil. Na presentación estivo tamén presente o escritor Manuel Lourenzo así como o director do Museo de Pontevedra José Manuel Rey García. Neste senso Antonio Rodríguez Miranda recordou a importancia económica e social que a comunidade galega, e en especial a pontevedresa, segue a ter na actualidade neste estado de Brasil, un país que conta con algo máis de 49.500 galegos, dos cales o ...
Emigración do PSdeG/PSOE de Ourense ponse ao servizo dos xubiliados alemáns en España
Alemaña, Emigración de alá e de acó

Emigración do PSdeG/PSOE de Ourense ponse ao servizo dos xubiliados alemáns en España

Ourense/PSdeG | Os xubilados alemáns en España empezan a mobilizarse fronte á Axencia Tributaria denunciado que este organismo ignora o acordo de dobre imposición e busca as pensións dos ex funcionarios estatais de Alemaña que están exentas de declarar en España. Centenares de alemáns residentes na Costa do Sol e Costa Branca, que serviron ao Estado alemán toda a súa vida profesional como funcionarios públicos, están a recibir requirimentos das oficinas de Facenda para pórse ao día coas súas supostas débedas tributarias, moitos eles sen recibir ningunha notificación previa e reclamando cantidades de pagos de IRPF entre 2.000 a 20.000 euros. “Algúns dos afectados tiveron que pedir prestado diñeiro ás súas familias en Alemaña, outros decidiron pór en venda as súas propiedades en Es...
Arxentina lidera a listaxe da convocatoria BEME 2020
Arxentina, Emigración de alá e de acó

Arxentina lidera a listaxe da convocatoria BEME 2020

Por cuarto ano consecutivo, a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia concedeu as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) aos mellores expedientes académicos da mocidade galega no exterior. Dun total de 147 persoas beneficiadas coas bolsas BEME para cursar estudos superiores nas tres universidades públicas de Galicia para este 2020, Arxentina lidera amplamente esta listaxe con 53 persoas seleccionadas. De seguido están Venezuela (19), México (14), Uruguai (10), Brasil e Reino Unido (9 cada un), Cuba (6), Chile e Alemaña (3 cada un), Portugal (2) e Ecuador, Países Baixos, Suíza, Francia, Canadá, Rusia e Italia cun seleccionado cada un. A listaxe foi publicada en agosto pasado, e a resolución formal publicarase próximamente no Diario Oficial de Galicia, coincidindo co cur...
“A sociedade cubana está estreitamente relacionada coa Unión Barcalesa”
Cuba, Emigración de alá e de acó

“A sociedade cubana está estreitamente relacionada coa Unión Barcalesa”

O pasado 3 de novembro, a Sociedad Cultural y Benéfica "Unión Barcalesa" cumpriu 113 anos. Foi creada na Habana en 1907, o mesmo ano que se estreou o Himno Galego na capital cubana. "Lonxe da Terriña" contactou co seu actual presidente Manuel de Jesús Rodríguez Barreiro, para que nos falara desta centenaria entidade que deixou unha pegada importante tanto en Cuba como na comarca da Baña e da Barcala. Fundada na Habana en 1907 e con 113 anos de historia, a Sociedade Cultural e Benéfica Unión Barcalesa constitúe un dos principais expoñentes da diáspora galega en Cuba, neste caso de emigrantes principalmente dos Concellos de Negreira e A Baña e da contorna do Val da Barcala, cunha importante herdanza de desenvolvemento social e cultural. Como foron eses comezos dos emigrantes da Barcala en...
Recollida solidaria de alimentos no Centro Ourensá de Newark (EE.UU)
EE.UU., Emigración de alá e de acó

Recollida solidaria de alimentos no Centro Ourensá de Newark (EE.UU)

O sábado 10 de outubro, de 10:00 am a 12:00 pm, o Centro Ourensá Social Club de Newark, localizado en Nova Jersey (EE.UU) organizará unha recollida solidaria para os bancos de alimentos. O evento realizarase no aparcamento da entidade de emigrantes ourensáns entre rúas Lafayette e Bruen Street. Por tanto, non se precisará que as persoas saian dos seus vehículos, respectando así os protocolos sanitarios do COVID 19. En xuño pasado, esta entidade realizou unha actividade similar, cuxa recadación donouse á Igrexas de Saint James e Clinton Memorial AM Zion Church, ámbalas dúas en Newark.

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!