Xunta de Galicia impulsa a reactivación do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana
Santiago de Compostela | O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu aos representantes do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana, Eduardo Pahíno e Leandro Tales, que lle trasladaron o obxectivo desta entidade de reactivar os seus proxectos futuros, poñendo en marcha novas iniciativas e actividades.
Durante a reunión, Miranda trasladoulles o seu compromiso de visitar este centro despois do verán e apoialo na súa potenciación como entidade para conseguir unha atención máis intensa ás galegas e galegos asentados nesta illa do Caribe e promocionar a cultura de Galicia. Na República Dominicana residen actualmente 2.766 cidadás e cidadáns galegos.