Cónsul de Cuba visita o Concello de Baiona
Cuba | O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu esta semana ao cónsul xeral de Cuba para Galicia, Asturias e Cantabria, Dona Ingrid Izquierdo Sterling. Foi o primeiro contacto entre a Cónsul e o alcalde baionés.
Os temas para tratar nesta visita son os ligados ao irmandamento que desde hai 22 anos temos con Rafael Freyre, na provincia de Holguín, de Cuba.
Os representantes consulares de Cuba sempre estiveron presentes en todos os actos ligados ao mundo iberoamericano, en especial o 12 de outubro e A Arribada da Carabela a Pinta.
Na reunión falouse de potenciar os lazos entre os dous pobos, especialmente nos ámbitos cultural e social, cunha aposta clara por parte da Cónsul para incrementar a súa presenza na Arribada.
“Baiona leva moitos anos sendo a ponte entr...