Brasil

Visita da presidenta da Casa de Galicia de Curitiba (Brasil)
As Casas de Galicia no mundo, Brasil

Visita da presidenta da Casa de Galicia de Curitiba (Brasil)

Brasil | Antonio Rodríguez Miranda recibiu na Secretaría Xeral de Emigración a Maribel Mariño González, actual presidenta da Casa de Galicia do Centro Español do Paraná. Entre outros asuntos, Miranda e Mariño conversaron sobre as actividades que esta entidade galega localizada na cidade de Curitiba (Brasil) levou a cabo o último ano, destacando a súa aposta por manter a tradición e cultura galegas co Grupo Folclórico "Aires Galegos", que conta con máis de 30 integrantes e foi fundado nos anos 60. Por último, o secretario xeral aproveitou este encontro para comprometerse con Maribel Mariño en visitar este centro galego na próxima viaxe que realice ao país brasileiro.
A comunidade pontevedresa en Salvador de Bahía (Brasil) presentou o libro “O inverno ausente” de Fernando M. Vilanova
Brasil, Emigración de alá e de acó

A comunidade pontevedresa en Salvador de Bahía (Brasil) presentou o libro “O inverno ausente” de Fernando M. Vilanova

Pontevedra | O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu no Museo de Pontevedra á presentación do libro "O inverno ausente" do escritor Fernando Martínez Vilanova. Trátase da recreación dunha historia real de tres personaxes dos concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes, que toman a decisión de refacer a súa vida a mediados do século XX en Salvador de Bahía, Brasil. Na presentación estivo tamén presente o escritor Manuel Lourenzo así como o director do Museo de Pontevedra José Manuel Rey García. Neste senso Antonio Rodríguez Miranda recordou a importancia económica e social que a comunidade galega, e en especial a pontevedresa, segue a ter na actualidade neste estado de Brasil, un país que conta con algo máis de 49.500 galegos, dos cales o ...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!