Galegos que fixeron historia

Exilios
Galegos que fixeron historia

Exilios

Non é o primeiro dos desterrados que se recoñece cun Día das Letras Galegas. Infortunadamente. En tempos iniciais da celebración, en 1964, Castelao, que pasara os últimos catorce anos da súa vida sen pisar a terra e facía outros tantos que morrera, foi o homenaxeado. Viñeron despois símbolos da cultura galega realizada en Bos Aires: Luís Seoane, Blanco Amor, Dieste, e, en tempos mais achegados, Lorenzo Varela. É evidente a forza numérica e cultural da emigración arxentina. Coidamos que a Real Academia, ademais dos valores literarios de Florencio Delgado Gurriarán, quixo render, por figura interposta, homenaxe ao Padroado da Cultura Galega de México e á revista Vieiros, derredor da que se arrexuntaron, entre outros, o mestre e activista Luís Soto, o cineasta Carlos Velo, o arquite...
Isidoro Araujo de Lira, empresario e xornalista galego en Cuba
Galegos que fixeron historia

Isidoro Araujo de Lira, empresario e xornalista galego en Cuba

Isidoro Araujo de Lira (Bouzas, 2 de xaneiro de 1816 - A Habana, 7 de maio de 1861) foi un xornalista, escritor e empresario español. Nacido na localidade galega de Bouzas o 2 de xaneiro de 1816. Estudou Humanidades en Tui e Filosofía no mosteiro benedictino de Samos. En 1835, cando se produciu unha das primeiras desamortizacións do período isabelino e a exclaustración dos conventos con menos de doce relixiosos, trasladouse a Madrid, onde comezou a traballar na Secretaría de Estado e do Despacho da Gobernación (hoxe Ministerio do Interior). Pouco despois foi destinado ao goberno civil en Salamanca, onde permaneceu ata que en 1839 emigrou a Cuba e estableceuse como profesor na Habana. Alí comezou a escribir. A súa primeira obra foi unha novela por entregas, Ana Mir, que se publ...
Manuel Puente González. Un monumento, unha rúa ou ambos
Galegos que fixeron historia

Manuel Puente González. Un monumento, unha rúa ou ambos

A atinada reportaxe de Juan Óscar Otero Lago en A Nova Peneira de decembro 2020 sobre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, con motivo do 70º aniversario do seu falecemento en Bos Aires, animoume a escribir sobre Manuel Puente González, que aparece citado nela. Estadía en Europa Manuel Puente, aínda unha personalidade descoñecida entre os veciños do seu concello natal, naceu no lugar de Monte, parroquia de Oleiros, Salvaterra de Miño, o 16 de agosto de 1890 no seo dunha familia pobre (1) "Manuel Puente, aínda unha personalidade descoñecida entre os veciños do seu concello natal, naceu no lugar de Monte, parroquia de Oleiros, Salvaterra de Miño, o 16 de agosto de 1890 no seo dunha familia pobre" Aos 15 anos (outras fonte falan de 13), emigra a Barcelona, onde traballa de dependente nun c...
Rogelio Estévez Cambra, fillo de Salvaterra, galego de pro na Arxentina
Galegos que fixeron historia

Rogelio Estévez Cambra, fillo de Salvaterra, galego de pro na Arxentina

(Texto de Antón Lorenzo, "Xaque") Fai uns días, mercando na carnicería de Fita Carrera, Salvaterra, cadrei con dous veciños de Fornelos da Riveira, (a nai de Fita tamén é desa parroquia). Comezamos falando da apenas iniciada e nunca acabada ponte entre esa parroquia e a pontareá Nogueira, acabamos falando de Don Rogelio Estévez Cambra, egrexio fillo desa feligresía. O caso é que ninguén dos presentes coñecía ese persoeiro, e iso animoume a facer este pequeno traballo. A emigración á Arxentina En primeiro lugar, sen dúbida, hai que acudir a impagable obra de Alberto Vilanova Rodríguez, “Los Gallegos en la Argentina”, tomo 2, páxinas 1.151, 1.152 e 1.153, ediciones Galicia, prologado por Don Claudio Sánchez Albornoz y Menduiña. Desta obra entresaco os datos máis salientables da vida d...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!