Diáspora

Máis dun millar de galegos da diáspora participaron no VI Día da Galicia Exterior
Diáspora

Máis dun millar de galegos da diáspora participaron no VI Día da Galicia Exterior

Santiago de Compostela | A Secretaría Xeral de Emigración destaca o éxito de participación no VI Día da Galicia Exterior que se celebrou este pasado sábado día 9 no centro histórico de Santiago de Compostela e que tivo como obxectivo compartir coa cidadanía galega o traballo realizado desde as entidades do exterior para promocionar e coidar a cultura e as tradicións de Galicia. Máis de 1.000 galegas e galegos chegados desde diferentes países do mundo, o 80% deles menores de 30 anos, celebraron así o Ano Santo Xacobeo cun día no que os instrumentos, os bailes e os traxes tradicionais galegos encheron rúas e prazas da capital autonómica. A xornada de confraternidade comezou cun encontro na praza do Obradoiro co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e continuou c...
O especial ‘Historias de ida e Volta’ documenta en vinte imaxes o retorno dos emigrantes
Diáspora

O especial ‘Historias de ida e Volta’ documenta en vinte imaxes o retorno dos emigrantes

Sería imposible entender a actualidade contemporánea de Galicia sen ter presente o fenómeno migratorio. No especial número 14 do proxecto 'Historias de ida e volta', iniciativa do Arquivo do Emigración do Consello da Cultura Galega (CCG) e da Secretaría Xeral da Emigración, ponse o foco na última etapa deste ciclo. Vinte imaxes e documentos serven para ilustrar o proceso de retorno e as consecuencias que tivo para os emigrantes e para Galicia. "Vinte imaxes e documentos serven para ilustrar o proceso de retorno e as consecuencias que tivo para os emigrantes e para Galicia" Influencias culturais, a implantación de novos cultivos, a creación de teatros, escolas... son moitas e moi variadas as consecuencias do retorno dos emigrantes á súa terra natal, que traen aquilo que viron ou viviron d...
O Nadal en Centroamérica e Caribe: un crisol de culturas e costumes
Diáspora

O Nadal en Centroamérica e Caribe: un crisol de culturas e costumes

As tradicións de Nadal en Centroamérica e o Caribe mesturan costumes cristiáns, mayas e garífunas, polo que teñen unha gran riqueza e un enorme valor cultural e gastronómico. O embaixador de Nadal en Honduras Segundo a tradición garífuna en Honduras, o embaixador do Nadal, Warini, aparece, acompañado por cantantes e tamborileros e móvese de casa en casa. Os cristiáns católicos celebran en moitas comunidades do interior do país as Pousadas, que nos lembran a peregrinaxe realizada por Xosé e María desde Nazaret ata Belén. Na noite do 31 de decembro dedícase á queima do Ano Vello, un monigote ou boneco elaborado con roupa vella e xornal, reducido a cinzas, carbonizando dese xeito todo o malo do ano saínte. Desfile de cabalos en Costa Rica O Festival da Luz, que se celebra o segundo sá...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!