As Casas de Galicia no mundo

Visita da presidenta da Casa de Galicia de Curitiba (Brasil)
As Casas de Galicia no mundo, Brasil

Visita da presidenta da Casa de Galicia de Curitiba (Brasil)

Brasil | Antonio Rodríguez Miranda recibiu na Secretaría Xeral de Emigración a Maribel Mariño González, actual presidenta da Casa de Galicia do Centro Español do Paraná. Entre outros asuntos, Miranda e Mariño conversaron sobre as actividades que esta entidade galega localizada na cidade de Curitiba (Brasil) levou a cabo o último ano, destacando a súa aposta por manter a tradición e cultura galegas co Grupo Folclórico "Aires Galegos", que conta con máis de 30 integrantes e foi fundado nos anos 60. Por último, o secretario xeral aproveitou este encontro para comprometerse con Maribel Mariño en visitar este centro galego na próxima viaxe que realice ao país brasileiro.
O presidente da Casa de Galicia en Huelva peregrinou polo Camiño Portugués da Costa
As Casas de Galicia no mundo

O presidente da Casa de Galicia en Huelva peregrinou polo Camiño Portugués da Costa

Santiago de Compostela | O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente da Casa de Galicia en Huelva, Antonio Pastoriza, quen acaba de rematar a súa peregrinación polo Camiño Portugués pola Costa. O responsable autonómico agradeceu a súa visita e a súa implicación co Ano Santo, destacando que a súa iniciativa serva como exemplo para os veciños de Huelva de cara a que se animen tamén a vivir o Xacobeo. Miranda aproveitou a visita para gabar o traballo que está a desenvolver a Casa de Galicia en Huelva como difusora da cultura galega e do propio Camiño de Santiago a través de diferentes iniciativas que promoven o irmandamento entre Galicia e Andalucía e agradeceulle ao presidente a súa implicación, xunto a toda a directiva e socios da entidade, n...
“Na Irmandade Galega de Venezuela ensinamos a amar a Galicia a través das nosas tradicións”
As Casas de Galicia no mundo

“Na Irmandade Galega de Venezuela ensinamos a amar a Galicia a través das nosas tradicións”

O pasado 12 de outubro de 2020, a Hermandad Gallega de Venezuela (HGV) arribou ao seu 60º aniversario. A súa historia é o mellor aval que expresa como esta institución manten unha enorme pegada a nivel asociativo, cultural, económico e deportivo non só dentro da sociedade venezolana senón tamén para a Galicia Exterior. O seu actual presidente, José Antonio Alejandro, respondeu dende Caracas (Venezuela) ao noso medio "Lonxe da Terriña", como foi esta traxectoria histórica e o momento actual da HGV. A Irmandade Galega de Venezuela cumpríu 60 anos o pasado 12 de outubro de 2020. Como actual presidente da entidade e coa perspectiva de dirixir unha institución con seis décadas ininterrompidas de presenza, que balance pode realizar sobre a prolongada traxectoria da Irmandade Galega de Venezue...
O Centro Galego de Montevideo (Uruguai) Pioneiro no mundo na difusión da cultural galega
As Casas de Galicia no mundo

O Centro Galego de Montevideo (Uruguai) Pioneiro no mundo na difusión da cultural galega

No ano 1879, naquel Montevideo aínda aldeá, corrían as primeiras décadas da vida independente do Uruguai, cando un grupo de visionarios patriotas galegos abordou a idea de agrupar inquietudes de aqueles que, deixando atrás a súa Galicia natal, lanzábanse á aventura na busca dun futuro mellor. Foi así que deciden reunirse baixo un mesmo teito, nunha casa galega onde poder mitigar aquela “morriña” e a tristeza da lonxanía. Precisamente, o 30 de agosto daquel ano, nacía o “Centro Galego de Montevideo”. Durante a súa longa vida, na que se constitúe como a institución galega máis antiga do mundo, o Centro Galego desenvolveu un vasto programa Cultural e Social con ciclos de Conferencias, obras teatrais, exposicións, concertos, cursos e festivais de danza clásica española e folclórica galeg...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!