Por cuarto ano consecutivo, a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia concedeu as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) aos mellores expedientes académicos da mocidade galega no exterior.
Dun total de 147 persoas beneficiadas coas bolsas BEME para cursar estudos superiores nas tres universidades públicas de Galicia para este 2020, Arxentina lidera amplamente esta listaxe con 53 persoas seleccionadas. De seguido están Venezuela (19), México (14), Uruguai (10), Brasil e Reino Unido (9 cada un), Cuba (6), Chile e Alemaña (3 cada un), Portugal (2) e Ecuador, Países Baixos, Suíza, Francia, Canadá, Rusia e Italia cun seleccionado cada un.
A listaxe foi publicada en agosto pasado, e a resolución formal publicarase próximamente no Diario Oficial de Galicia, coincidindo co curso académico 2020-2021.