A Xunta destina 12.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo (Brasil)

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, encabezada por Antonio Rodríguez Miranda, destinou, a través dun convenio de colaboración, un total de 12.000 euros para a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo (Brasil).

A colaboración ten como finalidade de acadar axuda para a atención das necesidades básicas da/os emigrantes galegos residentes nesa cidade brasileira e que están acollidos no seu centro de día.

Esta é unha entidade sen ánimo de lucro que posúe desde 1983, un centro de asistencia social que ten como finalidade promover o apoio socio asistencial e de acollida para persoas maiores e dependentes a través da súa atención integral con carácter de servizos preventivos, de saúde e asistenciais.

A Secretaría Xeral da Emigración considera a necesidade de colaborar con esta institución tomando en conta que é a única entidade en São Paulo que presta este tipo de servizos á comunidade galega.

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!