Pontevedra | O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu no Museo de Pontevedra á presentación do libro “O inverno ausente” do escritor Fernando Martínez Vilanova.
Trátase da recreación dunha historia real de tres personaxes dos concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes, que toman a decisión de refacer a súa vida a mediados do século XX en Salvador de Bahía, Brasil. Na presentación estivo tamén presente o escritor Manuel Lourenzo así como o director do Museo de Pontevedra José Manuel Rey García.
Neste senso Antonio Rodríguez Miranda recordou a importancia económica e social que a comunidade galega, e en especial a pontevedresa, segue a ter na actualidade neste estado de Brasil, un país que conta con algo máis de 49.500 galegos, dos cales o 20% son galegos nados na comunidade autónoma e o resto son xa descendentes que seguen a manter unha importante conexión cultural e persoal con Galicia.
“Antonio Rodríguez Miranda recordou a importancia económica e social que a comunidade galega, e en especial a pontevedresa, segue a ter na actualidade neste estado de Brasil, un país que conta con algo máis de 49.500 galegos”
Esta vinculación evidenciase cada vez máis no retorno dos galegos do exterior que ven na comunidade autónoma un lugar onde iniciar un novo proxecto de vida, aportando a súa experiencia e coñecementos á sociedade galega.