Brasil | Antonio Rodríguez Miranda recibiu na Secretaría Xeral de Emigración a Maribel Mariño González, actual presidenta da Casa de Galicia do Centro Español do Paraná.
Entre outros asuntos, Miranda e Mariño conversaron sobre as actividades que esta entidade galega localizada na cidade de Curitiba (Brasil) levou a cabo o último ano, destacando a súa aposta por manter a tradición e cultura galegas co Grupo Folclórico “Aires Galegos”, que conta con máis de 30 integrantes e foi fundado nos anos 60.
Por último, o secretario xeral aproveitou este encontro para comprometerse con Maribel Mariño en visitar este centro galego na próxima viaxe que realice ao país brasileiro.