Xuntanza Amigos Galicia-Venezuela no Carballiño

O pasado 18 de xuño realizouse en O Carballiño (Ourense) a Xuntanza Amigos Venezuela-Galicia, organizada por membros da Hermandad Gallega de Venezuela (HGV) e que contou coa participación do Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

O secretario xeral de Emigración Antonio Rodríguez Miranda, durante o seu discurso.

Ao evento asistiron máis de 250 persoas, a gran maioría emigrantes galegos en Venezuela que retornaron nos últimos anos a Nosa Terra.

O evento serviu para manter vivo o contacto entre a diáspora galego-venezolana e as institucións autonómicas galegas. Tamén estiveron presentes membros da Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) así como ex presidentes e directivos da HGV.

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!