O presidente da Casa de Galicia en Huelva peregrinou polo Camiño Portugués da Costa

Santiago de Compostela | O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente da Casa de Galicia en Huelva, Antonio Pastoriza, quen acaba de rematar a súa peregrinación polo Camiño Portugués pola Costa.

O responsable autonómico agradeceu a súa visita e a súa implicación co Ano Santo, destacando que a súa iniciativa serva como exemplo para os veciños de Huelva de cara a que se animen tamén a vivir o Xacobeo.

Miranda aproveitou a visita para gabar o traballo que está a desenvolver a Casa de Galicia en Huelva como difusora da cultura galega e do propio Camiño de Santiago a través de diferentes iniciativas que promoven o irmandamento entre Galicia e Andalucía e agradeceulle ao presidente a súa implicación, xunto a toda a directiva e socios da entidade, no bo funcionamento deste centro, recordando que tamén é sede da Asociación do Camiño de Santiago de Huelva.

A Casa de Galicia de Huelva foi fundada en 1998 e conta con 178 familias asociadas.

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!