No ano 1879, naquel Montevideo aínda aldeá, corrían as primeiras décadas da vida independente do Uruguai, cando un grupo de visionarios patriotas galegos abordou a idea de agrupar inquietudes de aqueles que, deixando atrás a súa Galicia natal, lanzábanse á aventura na busca dun futuro mellor.
Foi así que deciden reunirse baixo un mesmo teito, nunha casa galega onde poder mitigar aquela “morriña” e a tristeza da lonxanía. Precisamente, o 30 de agosto daquel ano, nacía o “Centro Galego de Montevideo”.
Durante a súa longa vida, na que se constitúe como a institución galega máis antiga do mundo, o Centro Galego desenvolveu un vasto programa Cultural e Social con ciclos de Conferencias, obras teatrais, exposicións, concertos, cursos e festivais de danza clásica española e folclórica galega.
Esta casa recibiu a visita de innumerables personalidades, entre as que podemos destacar a Don Gregorio Marañón, Don Rafael Alberti, Don Alfonso R. Castelao, Don Ramón Franco, Don Camilo Barcia Trelles, Don Ramón Otero Pedrayo, Don Eduardo Blanco Amor, Don Juan Zorrilla de San Martín e Don Ramón Suárez Picallo, Dona Juana de Ibarbourou, etc. os cales non só marabilláronse da extensa actividade artística-cultural, senón que moitos deles foron os seus principais partícipes.
En canto ao patrimonio institucional, debemos sinalar que o edificio da súa Sede Social, que fora construído en 1923, constitúe unha verdadeira reliquia arquitectónica e un dos pazos mais fermosos de Montevideo, no que se atopan a sala “Valle Inclán”, a sala de honra “Rosalía de Castro”, a Biblioteca “Concepción Arenal”, a súa sala de lectura “Castelao”, o restaurante “El Viejo Pancho”, varias salas de reunións, sala de xogos e de ensaios, as cales brindan no seu conxunto un amplo servizo e comodidades para os seus asociados.
Tamién conta cun fermoso predio de 28.000 m2 nunha privilexiada localización no barrio de Carrasco. Froito da visión de dirixentes de fai catro décadas, na cal está edificado un Parque Social e Complexo Polideportivo, cuxo afán é unificar a tódala colectividade galega residente no Uruguai pero especialmente aos mozos descendentes de galegos, a través de distintas actividades deportivas, sociais e culturais.
Sen dúbida, aquel desexo dos pioneiros fundadores deu os seus froitos e permanece vixente no tempo, xa que estes 129 anos de vida atopan ao Centro Galego en plenitude institucional e proxectada ao futuro con grandes perspectivas e coa firme esperanza de seguir brindando o mellor de si en pro da colectividade galega no Uruguai.