Repertorio da prensa da emigración galega

Seguindo a liña de difusión do patrimonio documental producido pola colectividade galega do exterior, o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega presenta a versión actualizada do Repertorio da prensa galega da emigración, editado en 1998 e froito dun proxecto de investigación dirixido por Vicente Peña Saavedra. As persoas interesadas poden atopar aquí unha extensa relación das publicacións galegas editadas —tanto polas asociacións de emigrantes como por persoeiros destacados da colectividade galega—, que están relacionadas co feito migratorio. Compílanse 756 referencias hemerográficas correspondentes a publicacións que presentan unha variada tipoloxía: boletíns, xornais de información xeral, revistas culturais, revistas e voceiros internos das asociacións de emigrantes, prensa política, publicacións institucionais etc. En cada rexistro pódese atopar ampla información sobre a cabeceira (título, subtítulo, lema, lugar de edición, idioma, prezo, sociedade editora, resumo de contidos, periodicidade e cronoloxía etc). Faise especial fincapé nos números que se poden consultar directamente nas nosas instalacións. Estase a traballar na incorporación de todos os números existentes no AEG para poder ser consultados en liña, facilitando así o acceso a aqueles usuarios que o desexen.

Hemeroteca do Consello da Cultura Galelga.

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!